O meu río Anllóns
Poesía al río Allóns a su paso por Bergantiños (A Coruña) perteneciente a mi Libro Reflexións vivencias por un mundo mellor.
O MEU RÍO ANLLÓNS
Á tardiña sonolente bocexa xunto ó meu río
quen sigue sometido a unha opresión viaxeira.
Gústalle explora-lo todo o que trepida e está vivo
recollendo ecos da Casilla e da verde ribeira.
Meu río é vello, é sabio, a vívido moitas cousas
Onde se atope un bo oínte contará unha historia.
Calcou moitas horas perdidas e líxanas;
pode revivir sonos e restaurar memoria.
O Allóns, é como o tempo que nunca retrocede,
por iso ten tantas historias que narrar.
Á terra se embeleza oíndo súa mensaxe.
aliméntase nas súas augas e o deixa nadar.
Á inclinación da terra empuxao sen repouso;
semellante ó tempo que non se pode deter.
Meu Anllóns, obra de Deus que pregoa agarimoso
o bó mensaxe de mel doce e tenro lecer.
Registro Propiedad Intelectual 1007096787135 © Abraixas