OX XUDEOS DE RIBADAVIA


Imp. de El Ribadaviense 1915
Trascricción do orixinal feita por Abraixas
Registro de propiedad intelectual 1008046976067 © Abraixas

BARRIO XUDEO

No seu barrio os xudeos tiñan a súa “aljama” ou sinagoga (lugar de culto). Por todo o descrito con anterioridade, pòdese supoñer a gran cosnternación que debeu sufrir-la vila de Ribadavia, ó producirse o 30 de Marzo de 1492 o decreto de expulsión expedido polos Reis Católicos, no que se lles concedía un prazo de 4 meses, para sáir de España non permitíndoselles sacar do Reino, ouro, prata ou moneda, sinón tan só mobles e mercaderías. A Maioría, como sucedeu no resto de Galicia abrazou de boa ou mala fe, a relixión cristian, quedándose no pais. Contra estos corversos adoptou despoís medidas de rigor e formóu varios procesos a Inquisición de Santiago, que lles perseguiu, ata arruinalos. Según un dito, varios xudeos de Ribadavia, convertidos na apariencia ó cristianismo, xuntábanse todolos sábados con outros e ocupabanse de maltratar azotando unha imaxe de Xesucristo crucificado, e que chegando a conocemento do Tribunal da Inquisición de Santiago, instruiu proceso contra os profanadores, sendo dita posesión confiscada e adquirida polo cabildo de Santiago.

Segundo a tradición os primeiros xudeos instaláronse en Ribadavia no século XI, cando o o rei Don García escolleu Ribadavia como capital do Reino de Galicia no ano 1063. Moitos xudios atopáronse encargados da xestión dos asuntos financeiros do Reino e posteriormente do señorío e condado de Ribadavia. Cando os Reis católicos promulgaron a vergonzante orde de expulsión dos xudios en 1492, uns fuxiron mais moitos se converteron. A comunidade xudía contribuíu de forma decisiva á prosperidade económica da rexión (sobre todo entre os séculos XIV e XVI). Os xudios especializáronse no comercio do viño e na administración de bens e rendas. Na vila de Ribadavia, a comunidade xudia vivía no area situada entre a Porta Nova da muralla e a laza da Magdalena. Nesta praza tópase unha casa blasonada que foi a Sinagoga de Ribadavia, a cal logo de 1492 pasou a mans dos dominicos que logo a venderon, pertencendo no século XVI ás familias representadas polos escudos da fachada.

Casa da Inquisición

Obra gótica pertecente a finais do século XV principios do XVI. Está situada no fondo da rúa San Martín. Esta casa posúe cinco escudos, sobre o seu arco, de esquerda a dereita de familias ligadas ao santo oficio na vila (Puga -o sepulcro atópase na igrexa de santo Domingo-, García Camba, Bahamonde, familiar do Santo Oficio e o dos Mosquera-Sandoval). O baixo de esta casa, foi ata a súa xubilación local de un zapateiro de Ribadavia. A planta superior está habitada por nativos de Ribadavia. Foi recentemente restaurada.

Si queréis saber más de esta histórica villa visita haz clic en Concello de Rivadavia.

~ por Abraixas en abril 24, 2011.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: